As nosas coleccións

Colección de préstamo

Situada na planta baixa da biblioteca está formada por todo tipo de materiais bibliográficos (libros, películas, CDs musicais, discos Blu-Ray, etc.), está organizada por materias, os documentos están en libre acceso e dispoñibles para o seu préstamo a domicilio.

 

Documentos de consulta en sala

Na sala de lectura, situada no 1º andar da biblioteca, atópanse as obras de consulta e referencia. Éstas conteñen información puntual de tipo xeral e especializada clasificada por materias, son obras básicas e de consulta rápida.

A meirande parte das obras atópanse nos andeis da propia sala en acceso directo, é dicir, que podemos consultalas directamente.

Estas obras non se prestan, só poden ser consultadas na propia sala, polo que para facer uso destes fondos non é necesario ser socio da biblioteca.

Podemos atopar:

  • Dicionarios e enciclopedias que conteñen información xeral e especializada de todas as materias.
  • Manuais, bibliografías, anuarios, directorios e outras obras de consulta.

 

Sección Infantil – Xuvenil

Sala especializada en nenos e nenas menores de 14 anos situada no semisoto da biblioteca. Dispón dun completo fondo onde atopar información xeral e especializada axeitada as súas necesidades. Conta cunha sección especial adicada a nenos de 0 a 3 anos, a Bebeteca.

A colección divídese en:

  • Obras de consulta e referencia, que só se poden consultar na sala.
  • Obras de préstamo a domicilio.
  • Publicacións periódicas.
  • Audiovisuais (DVDs, CDs, Audiolibros, etc.).

Esta sala ofrece servizo de Internet e xogos interactivos.

Os nenos menores de 6 anos deberán estar sempre acompañados dun adulto.

 

Hemeroteca

Nesta sala, situada no 1º andar da bilioteca, pódese consultar:

  • Prensa
    • Local, rexional e nacional
    • Extranxeira
    • Especializada
  • Revistas
    • Xerais
    • Especializada
    • Temas locais
  • Recursos electrónicos
    • Boletíns oficiais
    • Revistas electrónicas
  • Obras de fondo antigo (anteriores ao ano 1958)
  • Obras de Depósito Legal (D.L.)

 

Audiovisuais

A Sección de Audiovisuais está situada na planta baixa da biblioteca e conta cunha colección de vídeos, DVD e CDs que poden consultarse na propia Biblioteca ou levarse en préstamo a domicilio.
 

Fondo Local (Fondo Vigo)

A colección Fondo Local reúne toda a información que ten a Biblioteca sobre Vigo.

Está formada por libros, revistas, audiovisuais (películas, música, etc.), mapas, libros en braille e todo tipo de materiais, de adultos e infantil.

O Fondo Local procedente do Depósito Legal é de consulta en sala e pódese solicitar en hemeroteca.

A Colección Fondo Vigo (FV) contén algúns exemplares prestables a domicilio .
 

Comicteca

A Comicteca, situada na planta baixa, está formada por cómics de tódolos xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, superheroes, ciencia ficción, etc.) e procedencias. Ten unha presenza especial o cómic galego, aínda que tamén temos coleccións de cómic español, europeo, hispanoamericano, americano e manga xaponés.