SERVIZOS

Resultados 1 a 8 de 8

Servizo de préstamo

O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da Biblioteca.

Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos

A Biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición dos seus usuarios/as lectores de libros electrónicos e  portátiles.

Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe e Biblioteca Dixital da Rede)

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para os usuarios das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos dirixido aos lectores/as con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que, de xeito gratuíto, teñen á súa disposición estes recursos. A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, como centro integrante desta rede, oferta este servizo aos seus usuarios/as.

Servizo de reprodución de documentos

Mediante este servizo, e de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, os usuarios/as poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais, etc.

Servizo de acceso a Internet e ofimática

A Biblioteca proporciona acceso gratuíto a Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

Cesión de espazos

A través deste servizo, a Biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

Servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia Biblioteca e apoia ao lector/a na resolución das súas necesidades informativas específicas.

Servizo de consulta de documentos

Con este servizo a Biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.