Hoxe 8 de marzo, no que se celebra o Día Internacional da Muller, a Biblioteca súmase á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.
A biblioteca conta cun centro de interese permanente que podedes atopar na sala de préstamo, a "Biblioteca Feminista" , na que encontraredes materiais relacionados coa loita pola igualdade real das mulleres.
Estes días co gallo da celebración desta efeméride extraemos unha selección de libros desta sección para que os teñades máis á man. Poderedes botarlles unha ollada nos expositores situados xunto ao mostrador da entrada. Novas masculinidades, mulleres pioneiras do feminismo, historia do feminismo, e moitos temas máis que che axudarán a comprender o mundo no que vivimos, o feminismo, e o porqué desta loita.
Non deixedes de pasarvos polas nosas redes sociais, as nosas community managers encheronas de sorpresas! Ídelas perder?