ACTIVIDADES

Resultados 1 a 6 de 14

Celebramos o Mes da Ciencia en galego

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, este mes pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. Tamén as bibliotecas, a través da Consellería de Cultura e Turismo, promoven a celebración do mes da ciencia en galego cunha completa programación de actividades ao longo de todo novembro dirixida á posta en valor das bibliotecas e ao seu papel impulsor da creación e da divulgación científicas na lingua propia de Galicia.

SÁBADOS DE ANIMACIÓN_novembro 2018

O 9 e 10 de novembro hai actividades especiais para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA CIENCIA como o espectáculo de maxiciencia por José Antonio Godoy e a proxección de películas de carácter científico-educativo no planetario Ciencia Kids... Non esquecemos o SAMAÍN para o que preparamos unha mostra de contos de moito medo. Volven os Ratos de Lonxedetodo e recibimos por primeira vez a visita de Nano, unha rá que crece cos contos creados por Raquel Queizás… Para os mozos lembrade que ata o 10 de decembro está aberto o prazo de admisión de relatos para o I Concurso de Microrrelatos que organiza a Biblioteca.

Mes de novembro_Apeles Mestres_BNE

Programa novembro 2018

O 10 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA CIENCIA, así que o programa de novembro préstalle especial atención...  Aínda que este mes tampouco podemos esquecernos do SAMAÍN ou Halloween, das CASTAÑAS, MAGOSTOS e COGOMELOS, do veranillo ou "a matanza" que teñen lugar ao redor do día de SAN MARTIÑO... Todo isto estará presente na biblioteca ao longo deste mes.... E lembrade !!!, que aínda estades a tempo de presentarvos ao noso I Concurso de Microrrelatos xa que o prazo de admisión estará aberto ata o 10 de decembro.... E outra cousa máis, se coñecedes a alguén que necesite mellorar o seu español, aínda quedan prazas para que se poidan inscribir no Curso de español para estranxeiros.

Programa infantil - outubro 2018

Co inicio do curso retomamos as visitas escolares, continúan as mostras bibliográficas como "Vida no mar", volven os contacontos en inglés, en lingua de signos e os contos dos Ratos de Lonxedetodo.. E, a finais de mes, celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA con algunhas sorpresas e agasallos para os nosos pequenos usuarios

Mes de outubro_Apeles Mestres

Programa Outubro 2018

Comezamos o outono con novidades... Un novo Club de lectura fácil, o I Concurso de Microrrelatos de Terror, celebramos con actividades especiais o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA e continúan as actividades regulares dos SÁBADOS DE ANIMACIÓN, contacontos, mostras bibliográficas, exposicións...

I Concurso de Microrrelatos de Terror

A Biblioteca convoca o "I Concurso de Microrrelatos de Terror" no mes de outubro, mes no que conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA.