ACTIVIDADES
A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo
Celebramos o Mes da Ciencia en galego
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, este mes pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. Tamén as bibliotecas, a través da Consellería de Cultura e Turismo, promoven a celebración do mes da ciencia en galego cunha completa programación de actividades ao longo de todo novembro dirixida á posta en valor das bibliotecas e ao seu papel impulsor da creación e da divulgación científicas na lingua propia de Galicia.

Proxeccións audiovisuais, talleres de diversas temáticas para experimentar coa ciencia, espectáculos de maxia, contacontos, mostras bibliográficas, documentais, exposicións, conferencias, un ciclo de actividades dedicadas á astronomía, repositorios con materiais relacionados coa ciencia en galego e proxectos de investigación son algunhas das propostas que se desenvolverán nas bibliotecas públicas de Lugo e de Ourense, na Biblioteca Juan Compañel de Vigo, na Antonio Odriozola de Pontevedra, na Miguel González Garcés da Coruña, na Ánxel Casal de Santiago así como na Biblioteca de Galicia.

              . Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Folleto

O manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, profesor titular de Bioloxía Vexetal da Universidade de Vigo e integrante do grupo Divulgare, da mesma Universidade, que ten frases tan lapidarias como esta "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".   

               . Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Manifesto

Ademais, también organizaranse actividades nos centros de ensino a través das bibliotecas escolares

Pola súa banda, cada ano, Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dous científicos, un galego e outro estranxeiro, aos que dedicarlle o Día da Ciencia en Galego. Tendo en conta que a Unión Europea decidiu declarar 2018 Ano Europeo do Patrimonio Cultural, acordouse centrar a celebración na temática "A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo".

En consonancia con isto, propúxose renderlle homenaxe a Arquímedes , un dos máis  grandes cientríficos europeos de todos os tempos nos ámbitos da física e das matemáticas, e tamén ao mestre Mateo, arquitecto do Pórtico da Gloria.

               . Cartel Mes da Ciencia en Galego de Igaciencia 

               . Cartel Xeometría no  Pórtico da Gloria de Igaciencia

Deixámosvos estes vídeos didácticos da Canle Vimeo “Ciencia en galego” , esta Recompilación de recursos con webs temáticas, materiais diversos arredor da ciencia en galego e unha Recompilación de libros informativos editados en galego e estoutra pertencente ao Programa de "maletas viaxeiras" das Bibliotecas escolares. Moitos deles podédelos atopar na nosa Sala Infantil-Xuvenil. 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES da biblioteca para o Mes da Ciencia en galego

. Mostra bibliográfica As MULLERES NA CIENCIA 

Con motivo do Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, que se celebra o 10 de novembro, a Biblioteca programa unha mostra documental relacionada coa muller na ciencia.

Do 1 ao 30 de novembro. Planta baixa

. Mostra bibliográfica infantil VIDA NO MAR

Coincidindo coa V edición do Mar de Mares, na Sala Infantil organizamos desde outubro unha exposición sobre a Vida no mar

Meses de outubro e novembro.  Sala Infantil-Xuvenil

. Venres 9 de novembro, A MAXIA DA CIENCIA: ciencia Show

José Antonio Godoy móstrache como a maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento. Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, mostrarache as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.

Ás 19:00 horas, no Salón de actos

Público familiar e máis de 3 anos.

Entrada libre ata completar o aforamento

. Sábado 10 de novembro, Día da Ciencia, PLANETARIO CIENCIA KIDS-FULLDOME SPACE

Experimenta coa Biblioteca Pública da Coruña no mes da Ciencia e coa proxección de películas de carácter cientifico-educativo nunha cúpula.

O formato FullDome é un sistema que consiste na proxección, con deformación geodésica dentro dunha estrutura de domo, que ofrece a sensación de inmersión.  Un dos soños de educadores, creadores e publicistas é xerar ilusións nas que tanto o alumnado como o espectador mergúllense ata tal punto que non sexan capaces de distinguir se o que están a vivir é realidade ou ficción. O FullDome logra este espectacular efecto.

3 sesións:
Sesión : de 10:30 a 11:30.  25 nenos e nenas de 3 a 7anos . Inscrcripción previa en o formulario de solicitude

Sesión : de 11:30  a 12:30. 25 nenos e nenas de 8 a 10 anos. Inscrición previa no formulario de solicitude

Sesión  : de 12:30 a 13:30. 25 mozos e mozas a partir de 11 anos. Inscrición previa no formulario de solicitude