Para participar en calquera deles, é imprescindible inscribirse. O prazo para presentar a solicitude ábrese a mediados de setembro, e poderás atopar o formulario correspondente pinchando as ligazóns que atoparás máis abaixo ou dirixíndote ao persoal do mostrador principal da Biblioteca.
Lembra que as prazas se outorgarán por rigoroso orde de chegada das inscricións. No caso de non estar entre as persoas elixidas, quedarás na lista de agarda, por se houbese unha renuncia ou unha baixa no club.
CLUB DO LUNS - (formulario de inscrición)
- Este club de lectura reúnese cada quince días para comentar un libro previamente seleccionado. A súa coordinadora é Ana Álvarez Veira.
- Datas: luns alternos, de 18 a 19:30 horas
- Nº de prazas: 20. Maiores de 18 anos
CLUB DO MÉRCORES - (formulario de inscrición)
- Club de lectura dos mércores.
- Datas: mércores 17:30 a 19:30 horas
- Nº de prazas: 20. Maiores de 18 anos
CLUB DOS XOVES - (formulario de inscrición)
- Os xoves, é a quenda do club de lectura en galego, coordinado por Purificación Galán Boutueira.
- Datas: xoves alternos, de 19 a 20:30 horas
- Nº de prazas: 20. Maiores de 18 anos
CLUB DE LECTURA FEMINISTA - (formulario de inscrición)
- Os venres, é a quenda deste club de lectura temático, coordinado por Andrea Barreira Freije.
- Datas: venres alternos, de 19 a 20:30 horas
- Nº de prazas: 20. Maiores de 18 anos
CLUB DE LECTURA FÁCIL - (formulario de inscrición)
- No curso 2018/2019, puxemos en marcha este club de lectura sinxela, botando man de textos adaptados para lectores e lectoras que teñen dificultades para acceder ao formato estándar de libro. Encárgase de coordinalo Marta Fernández.
- Datas: sábados alternos
- Nº de prazas: 12. Maiores de 18 anos