Mostras bibliográficas e exposicións temporais
Infórmate sobre as nosas bibliográficas e exposicións

Grandes e pequenas efemérides, sexan locais ou internacionais, teñen tamén o seu eco na Biblioteca. Para estimular a curiosidade e espertar o espírito crítico de usuarios e usuarias.

Mostras bibliográficas

Os libros son unha fonte inesgotable de coñecemento. Ilustran cambios na sociedade, recollen avances na ciencia, cuestionan ou defenden fundamentos morais, relixiosos, falan da vida ordinaria ou extraordinaria de mulleres, homes, da infancia e da vellez, e, en definitiva, da condición humana.

Por iso, co gallo de conmemoracións e días sinalados no calendario colectivo, na Biblioteca botamos man da ficción e a non ficción para afondar neles. Compilamos referencias que nos permitan poñer as efemérides en contexto e presentámolas ao público dun xeito visual e atractivo. Para coñecer as mostras bibliográficas actuais, convidámosvos a consultar a nosa axenda

 

Exposicións temporais

Ademais de preparar mostras bibliográficas con recursos propios, na Biblioteca acollemos exposicións alleas. Fotografía, proxectos artísticos, traballos para a concienciación social, etc.: a arte en todas as súas acepcións é aquí benvida. Na axenda da nosa web atoparás cumprida información sobre as exposicións en curso, localizadas normalmente na segunda planta do edificio.

Se queres exhibir as túas obras na nosa biblioteca, non dubides en facernos chegar unha proposta.