Sábados de animación
¡Participa nas nosas actividades!

Nenos e nenas, con todos vós... as propostas de lecer máis divertidas para a fin de semana!

Chegado o sábado, a Sala Infantil e Xuvenil da Biblioteca convértese nun fervedoiro.

Contacontos, espectáculos de maxia, sorprendentes demonstracións científicas ou teatro de monicreques instálanse na Ludoteca e prometen facerlles pasar aos/ás pequenos/-as da casa un anaco moi entretido.

Para todos os gustos e idades, as propostas dos nosos sábados de animación son unha cita imprescindible para os/as usuarios/-as máis novos/-as.

 

Podes consultar as próximas actividades da Sala Infantil e Xuvenil botándolle unha ollada á nosa axenda na web.