Visitas escolares
Infórmate sobre o programa de visitas escolares

Para que nos nenos e nenas prenda o amor polas bibliotecas, abrímoslles as nosas portas.

A biblioteca ten un programa de visitas infantís que se estende de xaneiro a xuño.

Está dirixido a nenas e nenos en idade escolar que, acompañados polos seus mestres e mestras, desexen coñecer de primeira man as instalaciones, os fondos e ao funcionamento dunha biblioteca.

Concertar unha visita é moi doado: abonda con encher este formulario a través da web ou chamarnos por teléfono ao 881 960 378.

Podedes dirixirvos ao noso persoal de Secretaría para coñecer as próximas datas dispoñibles ou, tamén, consultalas neste calendario.

As visitas escolares realízanse os martes e os xoves, en horario de 10:00 a 11:00 horas.