Visitas guiadas
Ven visitar a nosa biblioteca

A Biblioteca é un espazo público e aberto, por iso estamos encantados de abrir as nosas portas e acoller visitas guiadas.

Grupos de particulares ou de escolares, todos sodes benvidos!

Se vos interesa coñecer de preto o funcionamento dunha biblioteca e ver desde dentro como é o día a día nela, non dubidedes en solicitar unha visita guiada. Percorreremos con vós as nosas diferentes salas, amosarémosvos os nosos fondos e responderemos a todas as preguntas que vos xurdan.

Martes e xoves ás 12:00 horas con inscrición previa. Enchede este formulario e reservade unha data.