11/01/2021
11 de xaneiro día das persoas usuarias
Programación especial

Con motivo do Día das persoas usuarias, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convida a todos os seus lectores e lectoras a participar nas actividades conmemorativas previstas na biblioteca:

  • NOMEAMENTO DE SOCIAS E SOCIOS DE HONRA:

O nomeamento recaerá nas tres persoas usuarias tanto infantís como adultas con máis préstamos durante o ano 2020

  • SORTEO DE LOTES DE LIBROS

Sortearanse lotes de libros entre as persoas usuarias que durante o día 11 leven en préstamo o máximo de documentos permitido.

  • VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA:

Ás 12 horas, para todas as persoas que desexen coñecer os servizos, espazos e coleccións coas que contamos.