22/06/2020
Biblioteca aberta: restablecemento de todos os servizos
Desde o 22 de xuño

Desde hoxe día 22 de xuño a biblioteca restablece todos servizos, mantendo as medidas de seguridade e hixiene: uso obrigatorio de máscaras e xel hidroalcohólico, distancia de seguridade, uso preferente de escaleiras e limitación do aforo das salas ao 75 por cento.

Préstamo e devolución de obras:

Desaparece o formulario de solicitude de cita para préstamo. Recomendamos o uso das máquinas de autopréstamo. As devolucións coa biblioteca aberta faranse no mostrador de información, coa biblioteca pechada no buzón exterior.

Consulta, lectura e estudo en sala.

A sala de consulta (2º andar) ten limitado o seu aforo ao 75% para garantir o mantemento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias. Os 52 postos de lectura habilitados están situados respectando as normas de seguridade e numerados. Ao entrar na sala diríxete ao persoal e solicítalle un número. Asignarémosche un posto de lectura e darémosche un número. Ao saír lembra entregarlle o número do teu posto ao persoal da biblioteca para que poidamos volver asignar os postos baleiros.

Os libros da sala están en libre acceso, poderás consultar o que desexes.

Coleccións en libre acceso

 

Todos os documentos da biblioteca están en libre acceso. Antes e despois de manipular cada material deberanse lavar ou desinfectar as mans. En todas as salas da biblioteca dispoñemos de dispensadores de xel hidroalcohólico. Elimínase a corentena, non se aplicará ningunha medida de depósito temporal de ningún documento.

 

Hemeroteca

Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento, agás as excepcións establecidas polas autoridades sanitarias.

Sala infantil.

Ábrese a sala infantil da biblioteca e a ludoteca coas limitacións de aforo establecidas polas autoridades sanitarias. Nestas salas os materiais estarán en libre acceso, non se aplicará ningunha medida de depósito temporal de ningún documento e deberán respectarse as indicacións do persoal e os circuítos de circulación establecidos.

Acceso a Internet.

Respectando as limitacións de aforo para garantir as medidas de seguridade a biblioteca dispón de 11 equipos de acceso a internet: 8 na sala de consulta (2º andar), 1 na hemeroteca (1º andar) e 2 na sala infantil.

Na sala de consulta os postos de acceso a internet están numerados. Ao entrar na sala solicítalle número ao persoal. Asignarémosche un posto e darémosche un número. Ao saír lembra entregarlle o número ao persoal para que poidamos volver asignar os postos que queden baleiros.

O resto de servizos recupera o seu funcionamento habitual.

Recomendacións para un uso responsable e seguro da biblioteca

Mantén a distancia de seguridade.

O uso de máscaras e do xel hidroalcohólico é obrigatorio para acceder á biblioteca, especialmente nos espazos comúns e nas zonas de paso

Por favor, atende sempre as indicacións do persoal e os sinais que atoparás na biblioteca. Respecta os circuítos de circulación establecidos.

Emprega preferentemente as escaleiras, os ascensores están reservados a persoas con problemas de mobilidade e só unha persoa de cada vez.

HORARIO DA BIBLIOTECA

De luns a venres

Mañás de 8.30 a14.00

Tardes de 16.00 a 20.30

Sábados pechado.

Agardámoste na biblioteca!