16/02/2021
A biblioteca retoma os servizos presenciais

De acordo coas medidas acordadas polas autoridades sanitarias, a biblioteca poderá retomar mañá 17 de febreiro a actividade presencial.

A capacidade manterase ao 30%.

A biblioteca abrirá no horario que tiña establecido antes do peche do día 27 de xaneiro:

Mañás de luns a venres de 8:30 a 14:00.
Tardes de luns a venres de 16:00 a 20:30
Sábados de 10:00 a 14:00

Agardamos vervos de novo a todos.

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS