12/05/2021
Centenario Emilia Pardo Bazán 1851-1921
O reto dunha feminista da súa época

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés réndelle homenaxe á célebre escitora coruñesa Emilia Pardo Bazán, defensora dos dereitos das mulleres.

Para conmemorar o centenario do seu pasamento a biblioteca preparou tres iniciativas coas que quere poñer en valor a súa obra, achegando a todas e todos a súa contribución á literatura española.

  • A escaleira desigual, Pardo Bazán chanzo a chanzo:

No primeiro tramo de escaleiras da biblioteca que dan acceso ao primeiro andar, instaláronse doce vinilos que recollen fragmentos escollidos das obras de Pardo Bazán, que reflicten a visión que tiña a escritora de Marineda, nome literario co que ela se refería á nosa cidade, A Coruña, e tamén algunhas que fan referencia ao seu pensamento feminista.

  • Itinerario literario, Pardo Bazán desde a tribuna:

Ao longo do balcón que forman os corredores do primeiro andar da biblioteca, creouse un roteiro literario que recolle unha selección das obras de Emilia Pardo Bazán, que se completa coa obra Mapa literario 1883 : Marineda nas novelas de Emilia Pardo Bazán, un retrato da Coruña de finais do século XIX, un espectacular mapa da Marineda de 1883 con máis de 70 localizacións e unha completa árbore de personaxes.

  • O reto dunha feminista da súa época 1851-1921:

A iniciativa principal, un percorrido a través da súa obra, o seu pensamento, a súa vida e a súa contribución á literatura española.

"El tesoro que luce Marineda con ufanía, lo que le alivia la dentera de la famosa plaza monumental compostelana, es su celebre Torre..." Emilia Pardo Bazán.