O vindeiro 24 de outubro celébrase en España como cada ano, o Día da Biblioteca.
Esta iniciativa posta en marcha no ano 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, pretende dar a coñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o traballo das bibliotecarias e bibliotecarios. Como xa todos saberedes, este día recorda a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.
Para conmemoralo a Biblioteca programa ao longo de toda a semana unha serie de actividades:
- Inauguración da Mostra "Centenario da publicación da Revista Nós", no primeiro andar da biblioteca, o martes día 20.
- Xornada de portas abertas. Se queres coñecer mellor a biblioteca, os seus fondos, a súa historia e as súas instalacións ensinámoscha. Xoves 22 ás 12 horas. Máximo 10 persoas.
- Itinerarios de autor arredor da historia da cultura da Coruña. Singulares paseos que serán explicados polo historiador da cultura Felipe-Senén, quen neste tipo de iniciativas interactúa cunha serie de aspectos arredor dos escenarios da historia da cultura. Venres 23 ás 17 horas.
- Achégate á biblioteca e terás un premio: un libro, un marcapáxinas... Sábado 24 durante toda a mañá.
- Contacontos Aprendendo a querer de Trinke Trinke teatro. Sábado 24 ás 12 horas.
- Recital poético-musical. Venres 30 ás 19 horas.
Feliz día da biblioteca a todas e todos!
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón