#aculturasegue #LaCulturaEnTuCasa
21/03/2020
Dúas campañas de ocio cultural por Internet
#QuedaNaCasaeLe_Biblioteca Publica da Coruña MG Garcés

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España lanzan campañas de lecer cultural que nos axuden a pasar a corentena, fomentando o uso dos recursos culturais existentes na Internet.

A campaña galega #aculturasegue propón unha programación con abondosas actividades pensadas para toda a familia, convidando a sumarse a todas as institucións culturais, aos creadores e a toda á cidadanía. Ademais, prestará atención individual ás próximas datas conmemorativas, como o Día Mundial da Poesía (21 de marzo), o Día do Teatro (27 de marzo), Día das Artes Galegas (1 de abril) e o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril).

Así, visitas virtuais ás bibliootecas, aquivos e museos galegos así como a algunhas mostras expositivas como as do Arquivo do Reino de Galicia; visionado de materiais audiovisuais históricos recuperados polo CGAI, a filmoteca galega; consulta de prensa histórica ou descarga de libros en dominio público no portal de Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia... E, xa sabedes, que a plataforma de libro electrónico GaliciaLe, ofrece préstamo de libros, revistas e audiovisuais - 4.500 títulos, en galego, castelán e noutras linguas para todas as idades, libros infantís, xuvenís e para adultos; 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia, longametraxes, curtas ou documentais.

IMPORTANTE !!! Neste momento non será necesario rexistrarse nin ter un carné de lector de biblioteca para acceder a GaliciaLe.  

A campaña #LaCulturaEnTuCasa do Ministerio de Cultura ofrece visitas virtuais a exposicións, teatro, cine, música, préstamo de libros e audiolibros... a través de organismos como a Biblioteca Nacional, a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, Biblioteca Dixital Hispánica, Museos nacionais, Filmoteca Española, La Voz de la Imagen... 

#EuQuedoNaCasa