Parabéns á gañadora e aos finalistas!
28/12/2018
Fallo do I Concurso de microrrelatos de terror
I Concurso de microrrelatos de terror

Co gallo da celebración do Samaín, alá polo mes de outubro, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés decidiu convocar o seu I Concurso de microrrelatos de terror.

Rematado o día 10 de decembro o prazo de entrega de traballos e reunido o xurado, este resolveu distinguir os seguintes microrrelatos:

 

1º Premio: "Ellos", de Mª Teresa Moreno Pena

2º Premio: Sen título. Diego Cabarcos Val

3º Premio: "Tanmanapoc", de Jonás Cuba Hernández

 

Accésits:

1º: “Microrrelato de terror”, de Antonio López Sousa

2º: “A árbore de Nadal”, de Laura Rodríguez Manso

 

Tal e como establecían as bases do certame, os premiados e as premiadas recibirán un lote de libros. O microrrelato merecedor do 1º premio será debidamente difundido a través dos perfís en redes sociais da Biblioteca.