AVISOS
21/04/2018
#LibrodaBiblio
Campaña do CCB para o Día do Libro
Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o próximo 23 de abril, o Consello de Cooperación Bibliotecaria pon en marcha a campaña "Libro da Biblio" coa que se pretende dar visibilidade ás coleccións físicas e dixitais das bibliotecas así como as instalacións e plataformas dixitais que as albergan.

A campaña desenvolverase en twitter e consistirá en compartir publicacións co hashtag #LibrodaBiblio que mostren un libro desde as instalacións dunha biblioteca ou a través dalgunha das seguintes plataformas ou bibliotecas dixitais de acceso público como eBiblio, Biblioteca Virtual do Patrimonio BIbliográfico, Biblioteca Dixital Hispánica ou Hispana. As publicacións poderán enriquecerse cunha breve reseña ou valoración sobre a obra, con algún dato curioso sobre o texto ou o autor, ou toda aquela información que se desexe compartir encamiñada a fomentar a lectura e contribuir á difusión das nostras coleccións bibliográficas.

Desde o Consello de Cooperación Bibliotecaria animan especialmente a participar na campaña aos profesionais do ámbito bibliotecario, os mellores prescriptores e defensores das bibliotecas, nas que poñemos a disposición dos cidadáns de xeito presencial e dixital, as nosas coleccións.

Para agradecer a participación na campaña o Consello de Cooperación Bibliotecaria sorteará 3 inscripcións gratuitas para o IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro deste ano en Logroño.

Podedes consultar toda a información e as bases de participación da campaña na páxina web creada polo Consello de Cooperación Bibliotecaria.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS