Para mellorar a autonomía de usuarios e usuarias
23/12/2017
Máquinas de autopréstamo
Aprende a manexar as máquinas de autopréstamo
Facilitando a autonomía dos usuarios nas operacións de préstamo, renovación e devolución

O autopréstamo é unha alternativa á xestión ordinaria de préstamos e devolucións no mostrador principal da Biblioteca. Pode realizarse nas máquinas habilitadas a tal efecto e situadas en distintos puntos das instalacións.

De maneira directa e sen ter que facer cola, nas máquinas de autopréstamo da planta baixa (unha, a carón da área de descanso; outra, xunto do expositor de novidades) e da Sala infantil pódense tramitar as seguintes operacións:

  • Préstamos
  • Renovacións
  • Devolucións