31/08/2022
Nova tempada clubs de lectura
Inscrición a partir do 19 de setembro

O día 19 de setembro ás 8:30 comeza o período de inscrición nos clubs de lectura da biblioteca. Non se permitirá ningunha inscrición antes do día 19 de setembro.

A inscrición farase polos seguintes medios:

  • A través dos formularios da páxina web: https://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl/actividades/clubs-de-lectura
  • Por teléfono, chamando ao número 881 960 392
  • Presencialmente no mostrador de información da planta baixa no horario de apertura da biblioteca.
  • Cada inscrición debe ser individual. Excepcionalmente, e por motivos debidamente xustificados, permitiranse como máximo 2 inscricións por usuario.

A inscrición estará aberta ata que se cubran todas as prazas por estrito orde de chegada. Unha vez cubertas, os inscritos que non obteñan praza quedarán anotados nunha lista de agarda para cubrir as prazas que queden vacantes no caso de producirse algunha baixa.

Cada persoa poderá anotarse como máximo en 2 clubs diferentes.

Só se avisará ás persoas admitidas indicándolles a través dunha mensaxe de correo electrónico a data de inicio do club.

Será necesario un mínimo de 10 persoas para a realización dos clubs.

Terán preferencia para a asignación das prazas as persoas que xa teñan o carné da biblioteca. As persoas admitidas que non teñan carné de usuario da biblioteca, deberán facelo para poder acceder ao préstamo das obras do club.

Será necesario traer o carné de usuario da biblioteca para poder levar os exemplares dos clubs de lectura en préstamo, e non ter sancións nin préstamos vencidos.