Publicación en formato e-pub de 16 clásicos da literatura galega
17/02/2020
Novas de Galiciana: descarga os clásicos galegos
Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia

Galiciana publica en epub dezaseis clásicos dá literatura de Galicia

Co obxectivo de favorecer a difusión das obras patrimoniais galegas, Galiciana, a Biblioteca  Dixital de Galicia, ven de crear un servizo para a descarga en formato epub de clásicos da literatura de Galicia - en galego ou en castelán - para poderen ser lidos desde libros electrónicos.

O servizo iníciase con dezaseis obras de clásicos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Pondal, Lamas Carvajal, Xoán Xesús González ou Marcial Valladares. Inclúe tamén novelas en castelán de Rosalía de Castro, Pérez Lugín ou Sofía Casanova. Todas elas obras libres de dereitos de autor. A conversión a formato electrónico realizouse a partir das primeiras edicións dos textos.

Podes consultalas e descargalas desde ou micrositio Clásicos dá literatura galega