13/05/2020
Próxima apertura !!!
Estamos a traballar para facer da biblioteca un lugar seguro

Protocolo polo que se establece o reinicio da actividade presencial dos arquivos, museos e bibliotecas de xestión da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e se establecen medidas preventivas fronte ao Covid-19.

Neste protocolo, que ten como obxectivo á recuperación da actividade, de maneira progresiva, garantindo a seguridade e a saúde tanto dos empregados/as públicos como das persoas usuarias que acoden aos arquivos, bibliotecas e museos, priman tres medidas de control:

  • distanciamento interpersoal
  • limitación no acceso dos usuarios/as
  • medidas de hixiene

Lembra que mentres tanto podes seguir informado e en contacto coa biblioteca a través da nosa web e as nosas canles nas redes sociais: facebook, twiter, instagram...  E tamén dos nosos enderezos de correo electrónico: <bpc.prestamo@xunta.gal>  e  <bpc.consulta@xunta.gal>

Grazas pora vosa paciencia e disculpade as molestias!!!

Seguiremos informando