Axúdamosche a pasar a corentena
16/03/2020
#QuedaNaCasaeLe - A Biblioteca vai contigo
#QuedaNaCasaeLe_Biblioteca Publica da Coruña MG Garcés

Deste a noite do sábado 14 de marzo no que se declarou o ESTADO DE ALARMA só poderemos circular pola rúa para

Mercar:

. produtos farmacéuticos
. de primeira necesidade

Acudir a:

. establecementos sanitarios,
. bancos
. lugar de traballo
. asistir a persoas vulnerables
. regreso aos nosos fogares.

Real Decreto 463/2020

Nos próximos días axudaremos a través das nosas redes sociais a que tod@s poidamos pasar estes duros tempos o mellor posible.

Lembra ademais que está á vosa disposición unha gran cantidade de lectura en GaliciaLe, a plataforma de libro electrónico da Rede de Bibliotecas de Galicia, na que podedes coller en préstamo todo tipo de contidos, desde as últimas novidades editoriais, revistas, películas...

Por favor, corresponsabilidade de todas e todos. Xuntos venceremos esta pandemia!!

ÁNIMO E RESPONSABILIDADE!