AVISOS
AFACO (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer),
15/10/2018
Sesións formativas para familiares e socios de...
Apúntate a calquera delas chamando ao teléfono 981 20 58 58, extensión: 3001! Prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición!

O 16, 18, 23 e 25 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas, a Biblioteca acole 4 charlas ou sesións formativas para familiares e socios de AFACO (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer), impartidas por profesionais do sector. 
- Martes 16, Juan Bonome, psicólogo de AFACO, falará sobre a “Enfermidade de Alzheimer e transcendencias”
- Xoves 18, o fisioterapeuta Rodrigo Rubial farao sobre "Benestar físico”. 
- Martes 23, Silvia Méndez, licenciada en Bioloxía e docente de cursos de nutrición e alimentación, falará de hábitos “de alimentación saúdable”. 
- E o xoves 25 terá lugar a última charla, “Benestar emocional”, impartida por Esther González, psicóloga clínica, terapeuta familiar e experta en estimulación cognitiva.

¡Apúntate a calquera delas chamando ao 981 20 58 58, extensión: 3001! ¡Prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición!