Xa coñecemos a identidade dos usuarios e das usuarias máis activos/-as da Biblioteca en 2019
14/01/2019
Socios e socias de honra 2020
Agasallos para os socios e as socias do ano 2019

O pasado 11 de xaneiro conmemorabamos o Día do Usuario e da Usuaria, unha data especialmente sinalada que nos serve para transmitirlle o noso agradecemento á xente que acode á Biblioteca con regularidade e participa na vida da mesma. Por iso mesmo, gustaríanos distinguir como Socios e socias e honra a aqueles/-as que se amosaron máis activos/-as ao longo dos últimos doce meses.

 

E así, comprácenos anunciar que as tres persoas con máis préstamos durante o 2019 na categoría de carné de adultos/-as foron:

- 32791794 

- 32610031 

- 54159640

 

Na categoría infantil e xuvenil:

- 58036775 

- RBG95342

- 58023086

 

Por seren todos e todas eles/-as membros tan dinámicos/-as da comunidade da Biblioteca, desexamos outorgarlles a condición de Socios e socias de honra de 2020. Iso implica que, desde agora e ata o 11 de xaneiro de 2021 -é dicir, durante todo un ano-, poderán levar en préstamo un maior número de obras.

 

Parabéns!