Se queres un material que non se atopa na colección da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, pero si nalgunha destas bibliotecas:
— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)
— Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
— Biblioteca Pública de Lugo
— Biblioteca Pública de Ourense Nós
— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
— Biblioteca Municipal de Ferrol Central
Podes solicitárnolo a través do formulario web para solicitudes préstamo intra
O persoal da biblioteca xestionará a túa solicitude coa maior brevidade posible e recibirás un aviso cando o material estea dispoñible para a súa recollida.