Para devolver material prestado
20/12/2017
Usa a caixa do correo da Biblioteca
Buzón de devolucións Buzón de devolucións
Facilitando a devolución do material en préstamo

A Biblioteca dispón dunha caixa de correo exterior instalada xunto da entrada. Grazas a este mecanismo, usuarios e usuarias teñen a posibilidade de devolver libros, revistas, CD, DVD e, en xeral, calquera material en préstamo fóra do horario de apertura.

A instalación da mesma redunda nunha maior comodidade á hora de xestionar devolucións, sobre todo para aqueles/-as que, por cuestións laborais ou personais, non dispoñen de flexibilidade horaria para acudir á Biblioteca.