Visitas guiadas.
Coñece a biblioteca e os seus servizos. Ensinámosche a utilizar a biblioteca: qué servizos presta, cómo buscar no catálogo automatizado, cómo están organizados os fondos. É necesario apuntarse na biblioteca, chamando por teléfono (881 960 378) ou mediante o formulario de inscrición online. As sesións son todos os martes e xoves ás 12 horas.
Formación de usuarios.
Aprende a usar a biblioteca. Para que aprendas a utilizar mellor os recursos da biblioteca, formamos e capacitamos aos usuarios no uso dos servizos da biblioteca e no manexo das fontes de información. O mércores 2, 9, 16 e 23 de xuño ás 16 horas. É necesario apuntarse na biblioteca, chamando por teléfono (881 960 378) ou mediante o formulario de inscrición online. A formación só se impartirá se hai un grupo mínimo de 4 persoas.
A biblioteca ofrece tamén a posibilidade de concertar sesións baixo demanda para grupos.