AXENDA
50 anos do Maio do 68
28/05 - 30/06
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica "50 anos do Maio do 68"

​Neste ano, e neste mes, queremos recordar o que foi o movemento e o espíritu de maio do 68 - en Francia, no mundo e tamén en Galicia - cunha mostra na que exporemos os materiais que conserva a Biblioteca sobre este importante feito do que este ano celebramos o 50 aniversario. Un movemento poliédrico que uniu a estudantes e obreiros, que criticou o poder establecido, as súas rixideces e os seus comportamentos (guerra de Vietnam, ocupación de Praga, o perigo nuclear...), que serviu para mellorar as condicións laborais dos traballadores franceses, no que emerxeron os movementos ecoloxistas e que, en definitiva, foi un paso importante na conciencia da globalización da sociedade moderna e no cuestionamento da sociedade de consumo.

Do 28 de maio ao 30 de xuño. Primeira planta