Exposición de traballos artísticos
01/07 - 15/09
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Realizados polos usuarios do CAPD da Coruña

Exposición organizada polo Centro de Atención a Persoas con Discapacidade-CAPD da Coruña

O CAPD, antiguo Centro Santiago Apóstolo, ubicado en As Xubias, organiza esta mostra para dar a coñecer os traballos artísticos realizados polas persoas usuarias do centro co fin de darlles visibilidade e fomentar a inclusión.

Datas: do 1 de xullo ao 15 de setembro

Lugar. Sala de exposicións da Biblioteca

Horario: 8:30 a 14:15 horas (xullo e agosto). 8:30 a 20:15 horas (setembro)