AXENDA
Facemos a nosa casa
12 de Xullo, 13:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de Cucarandainas

Neste obradoiro os participantes farán a casa dos seus soños, unha actividade sinxela para realizar conxuntamente entre pais e nais, fillas e fillos.

O obxectivo deste obradoiro é desenvolver a imaxinación, a creatividade, traballar a plasticidade fina e a destreza ademais de fomentar a comunicación entre os membros da familia.

20 prazas. Pais/nais e fillos/as de 4 a 12 anos

Horario: xoves 12 de xullo ás 11:30 

Inscrición previa no formulario de solicitude, vía web, ou ben presencialmente na propia biblioteca ou chamando aos teléfonos 881 960 378 e 881 960 379.

ATENCIÓN: ábrese a inscrición o martes 19 de xuño, ás 8:30 h.