GERÊS-XURÉS-DINÁMICO
04/11 - 22/11
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Exposición itinerante
GERÊS-XURÉS Dinámico, exposición Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés

Exposición GERÊS-XURÉS-DINÁMICO

GERÊS-XURÉS-DINÁMICO é un proxecto de cooperación interrexional España-Portugal (POCTEP) que ten como obxectivo afrontar os retos e as oportunidades comúns á Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gêres-Xurés. O proxecto presta especial atención aos problemas conxuntos relacionados coa conservación e xestión dos recursos naturais e aos desafíos do desenvolvemento socioeconómico sustentable, priorizando aquelas actuacións de carácter transfronteirizo e de cooperación entre as dúas rexións. 

A exposición consta de 9 paneles Roll up que describen o contido do proxecto

Lugar: Sala de exposicións da Biblioteca

Datas: do 4 ao 22 de novembro

Horario: de 8:30 a 20:30 horas