Noroeste cuarta oeste. Roteiros de ficción
06/04 - 31/05
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Programa Nortear

Lugar: Sala de exposicións da biblioteca.

Horario de apertura da biblioteca.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal (AECT-GNP), participan desde o 2015, a través dun Memorando de Entendemento, no Programa Nortear para fomentar o coñecemento mutuo e a difusión da cultura de Galicia e da Rexión Norte de Portugal.

A exposición, comisariada por Xaquín Núñez Sabarís estrutúrase arredor de catro eixos: Os mapas do noir, Néboas, misterios e monstros, A síndrome de Ulises e Camiños, Compostela.

Os fragmentos narrativos, escénicos ou fílmicos (desde literatura a filmes pasando polo teatro ou a banda deseñada) que compoñen a mostra deixan ver a solidez e coherencia dun universo creativo e as continuidades dos nosos imaxinarios xeográficos e culturais, a un e a outro lado do río Miño.