Obradoiro de lectura de relatos
07/05 - 28/05
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
María Jesús Molina Raspal

Impartido por María Jesús Molina Raspal

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: Salón de actos

Datas: Venres 7, 14, 21, 28 de maio

Horario: de 11:00 a 12:30 horas

OBXECTIVOS

  • Espertar o interese sobre este xénero literario.
  • Dar a coñecer autores relevantes de todos os tempos pero sobre todo actuais, representativos deste xénero.
  • Aprender a ler relatos.
  • Recoñecer os elementos fundamentais dun relato.
  • Analizar o contido e a estrutura de moi diversos tipos de relatos.
  • Profundar nos relatos lidos explorando todas as súas posibilidades e aprendendo os recursos que posibiliten unha lectura máis profunda e complexa.
  • Adquirir un criterio propio para seleccionar obras deste xénero.
  • Comentar e debater cada un dos relatos lidos.
  • Gozar coa lectura.
  • Escoitar, valorar e respectar as achegas dos demais integrantes do grupo.

CONTIDOS

  • O relato moderno e o conto tradicional
  • Breve achegamento á historia do relato
  • Por que e para que ler relatos?
  • Diferentes tipos de relatos
  • Elementos fundamentais dun relato:
    • O tema
    • A estructura
    • O punto de vista do narrador
    • O tempo e o espazo
    • Os personaxes
    • A acción
    • O estilo
    • A técnica

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.