Alberto González-Garcés Santiso presenta o seu libro "Alta mar, mar aberta”, un poemario en galego que se mergulla no seu carácter máis íntimo e sentimental. O libro é unha autobiografía poética, que ao lado das idas e vidas polas que os labores e os sucesos o foron levando, non faltan os aspectos dolorosos da existencia. E, ao lado da fiel e sentida homenaxe á súa familia, non deixa de xurdir a preocupación pola morte e o paso inexorable do tempo: os temas de hoxe e de sempre na condición humana.
Alberto González-Garcés Santiso é doutor en Bioloxía Mariña. Foi director do Centro Oceanográfico de Vigo, dependente do Instituto Español de Oceanografía; director do Centro Tecnolóxico do Mar –Cetmar–; e presidente do Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca da Unión Europea”.