AXENDA
Reflejos de mi Habana
01/11 - 30/11
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Exposición de fotografías de Diana Rodríguez González

A serie Reflejos de mi Habana mostra unha cara da Habana na que as pegadas deixadas polo tempo e os ambientes húmidos do trópico son percibidas como iconas de beleza e sensibilidade. O reflexo a través da auga e o obxecto reflectido constitúen recursos subordinados na representación de ideas, que son fundamentais para unha interacción ou diálogo directo co espectador.

Do 1 ao 30 de novembro. Planta primeira