Somos iguais
14 de Setembro, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Contacontos por Raquel Queizás

SOMOS IGUAIS, contacontos por Raquel Queizás

Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.

Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles.

Identificaremos situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.

 

Sábado 14 de setembro, ás 12 horas

Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos

Ludoteca da Sala Infantil