AXENDA
Un outono de meedoooo!
01/10 - 30/11
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mostra bibliográfica

As follas caen, minguan os días, a néboa esfuma a paisaxe, a luz esvaece desprazada pola escuridade, chegan as xeadas, a choiva molla as árbores, secas como esqueletos esperando rexurdir, o vento zoa e golpea nos cristais e os lóstregos na noite fannos estremecer.

Chega o tempo do Samaín, a estación do horror, cando os habitantes do alén veñen de visita.

Do 1 de outubro ao 30 de novembro. Planta baixa.