VERA MENCHIK. O longo camiño das xadrecistas
16/09 - 30/09
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Exposición de carteis

VERA MENCHIK. O longo camiño das xadrecistas, exposición sobre a vida desta campioa de xadrez

Organiza, Eduardo Dopico, co patrocinio da Fundación Radio ECCA 

Esta iniciativa divulgativa - a primeira destas características en Galicia vinculada ao XADREZ - está composta por 29 carteis nos que se fai unha aproximación á vida da checa Vera Menchik, a primeira campioa mundial de xadrez da historia (1927-1944). A proposta compleméntase cunha biografía, a primeira escrita en español en formato e-book, gratuíto e dispoñible na seguinte ligazón: e-book Vera Menchik 

Do 16 ao 30 de setembro 

Horario: Luns a Venres, de 8:30 a 20:30 horas. Sábados, de 9:00 a 14:00 horas

Sala de Exposicións