AXENDA
Xabier P. Docampo (Rábade 1946 - A Coruña 2018)
10/07 - 31/08
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica Xabier Puente DoCampo

Xabier P. Docampo, unha das voces máis singulares da literatura galega e un dos pais da literatura infantil galega contemporánea, deixounos recentemente, a finais deste mes de xuño. 
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995 polo xa clásico Cando petan na porta pola noite, Docampo é autor dunha amplísima obra narrativa. A súa traxectoria viuse ademais recoñecida nos últimos anos con premios como o da Irmandade do Libro ao Autor do Ano no 2009 ou a Letra E da AELG en 2014.

“Fíxenme escritor porque teño memoria de min e dos meus, porque habito a lingua e a infancia, as dúas patrias do ser humano”, escribiu en 2004 para a páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que era Socio de Honra.

A biblioteca quere renderlle unha pequena homenaxe cunha mostra bibliográfica que estará dispoñible na Sala Infantil ata o 31 de agosto

Busca a súa obra no catálogo: http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/