Asociación de Amigos dos museos de Galicia
Logotipo da Asociación de Amigos dos museos de Galicia

Grupo pioneiro en Galicia neste tipo de actividades en relación coa sensibilización do patrimonio cultural. As orixes hai que atopalas en 1975, cun grupo animado polo museólogo Felipe-Senén, arredor do Castelo de San Antón como "Colaboradores do Museo Arqueolóxico", coordinando actividades por toda a provincia coa axuda do malogrado investigador e arqueólogo submariño Rafael Mejuto García.

Servizos:

  • Ciclos de conferencias os xoves e venres

  • Colaboración nos ciclos de conferencias do Museo Arqueolóxico

  • Concursos de fotografía de defensa do patrimonio

  • Cursos sobre como visitar un museo

  • Edición de publicacións especializadas no contido do Museo

  • A tradicional xornada carnavalesca por Viana do Bolo, Verín e Xinzo de Limia

  • Programas: Coñece a túa cidade e Coñece vos teus museos

  • Proxeccións todos os luns

  • Sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia

  • Viaxes culturais pola cidade, Galicia e o estranxeiro

  • Visitas guiadas ao Arquivo do Reino de Galicia