Buscar libros, películas, CD etc. no catálogo
Aprende a buscar no noso catálogo

Queres saber que materiais están dispoñibles na Biblioteca e na Rede de Bibliotecas de Galicia sobre unha materia, autor/-a ou soporte concreto? O noso catálogo en liña dache acceso ás nosas coleccións.

Para consultalo, sigue os seguintes pasos:

  • Diríxete á páxina principal desta web
  • Escribe o título, nombe ou tema sobre o que desexes documentarte na barra de busca que atoparás sobre a axenda
  • Se a opción por defecto "Nesta biblioteca" non está seleccionada, selecciónaa no menú despregable da dereita
  • Pincha na lupa da marxe dereita ou coloca o cursor sobre a materia de busca e preme a tecla INTRO

 

Podes realizar esta operación desde o teu ordenador persoal, así como nos puntos de consulta do catálogo (coñecidos como OPACs) que atoparás distribuídos polas diferentes salas da Biblioteca.

Se tes dificultades para realizar a busca, diríxete ao noso persoal.