Consultar documentos de acceso restrinxido

A Biblioteca permite a consulta de materiais non prestables dentro das instalacións do centro.

Para acceder aos fondos de carácter especial e/ou patrimonial da Biblioteca, esixirase que o/a usuario/-a presente cunha antelación mínima de 48 horas unha solicitude, empregando o seguinte formulario en liña:

Solicitude de consulta de fondos de acceso restrinxido.

No formulario indicaranse os motivos polos que se solicita a consulta. O permiso estará suxeito a criterios técnicos de conservación e preservación dos materiais en cuestión.