Doar documentos á Biblioteca
Coñece as condicións para realizar doazóns de obras

A doazón de documentos (libros, películas, CD etc.) é outra das vías de ampliación do noso catálogo. A Biblioteca agradécea sempre e cando se axuste á súa política de desenvolvemento da colección e os exemplares estean nun estado de conservación aceptable.

Antes de achegarte ata a biblioteca, ponte en contacto con nós para explicarnos a túa proposta.

 

ACEPTAMOS

  • Documentos que reflictan os intereses actuais
  • Documentos relacionados coa Coruña ou a súa provincia
  • Películas en DVD, BluRay, CD de música e videoxogos en bo estado
 

NON ACEPTAMOS

  • Libros de texto
  • Libros en mal estado
  • Libros subliñados
  • Enciclopedias
  • Vídeos VHS, casetes, disquetes
  • Lexislación derogada
  • Libros de informática obsoletos
  • Libros de información non actualizada

 

Os documentos entregaranse no mostrador principal e, nese momento, a persoa doante haberá de cubrir un formulario confirmando a súa vontade de transferir a propiedade das obras entregadas á Biblioteca.

Lembra, antes de achegarte ata a biblioteca, infórmanos da túa proposta para non facer a viaxe en balde.