Facer o carné da Biblioteca

O carné da Rede de Bibliotecas de Galicia é un documento persoal e único, que dá dereito a utilizar os servizos de calquera das bibliotecas integradas na Rede.

Podes consultar aquí as bibliotecas públicas nas que podes empregalo. 

Existen algunhas bibliotecas que, malia estaren integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, dispoñen dun carné propio, polo que se non atopas a túa no listado deberás dirixirte a ela para solicitalo. As persoas titulares de carné destas bibliotecas teñen acceso igualmente ao servizo de préstamo dixital de GaliciaLe.

Quen pode solicitar o carné?

  • Calquera persoa, independentemente da súa idade ou nacionalidade.
  • As entidades, tales como asociacións culturais, centros educativos ou de calquera outra natureza.

Como podes solicitalo?

Hai dúas vías para solicitar o carné:  

  • Telemática: dispoñible para persoas físicas con DNI/NIE que dispoñan de certificado dixital ou Chave365. No caso de menores de idade, é a persoa representante quen debe reunir estes requisitos. 
  • Presencial: esta opción está dispoñible para todas as persoas e entidades. Pode acudir directamente á biblioteca da súa elección ou ben iniciar o rexistro vía web, o que facilitará e axilizará o proceso unha vez que acuda á biblioteca para finalizar o trámite. 

Prestacións

O carné é único e válido para todas as bibliotecas da Rede.

As persoas titulares dun carné de biblioteca poderán:

  • Obter libros e outros materiais en préstamo en calquera das bibliotecas públicas da Rede.
  • Acceder ao servizo de préstamo dixital da plataforma GaliciaLe (agás no caso de carné de entidade, que non dá acceso a este servizo).
  • Realizar distintas accións a través da súa conta persoal.

Que características ten?

O carné pode ter dous formatos: 

  • Dixital: sexa cal sexa a modalidade elixida para solicitar o carné (telemática ou presencial), obterá un carné dixital que estará dispoñible na súa conta persoal da app da Rede de Bibliotecas de Galicia e poderá empregar a través do móbil. 
  • Tarxeta física (opcional): se así o desexa, poderá solicitar unha tarxeta física na súa biblioteca, para o cal se lle pedirá que achegue unha fotografía, co fin de verificar a identidade da persoa titular cando acceda a determinados servizos. Se prefire non achegar unha fotografía, poderá requirírselle que se identifique mediante o DNI ou documento equivalente (carné de conducir ou pasaporte).

Conta persoal

As persoas titulares dun carné de biblioteca disporán dunha conta persoal á que se accede desde a web do Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Unha vez identificadas co seu usuario e contrasinal, poderán: 

  • Modificar os seus datos. 
  • Consultar o seu historial.
  • Realizar distintas accións como reserva de documentos, renovación de préstamos, envío de comentarios e suxestións de compra e outras. 

Ademais, con este mesmo usuario e contrasinal, poderán acceder ao servizo de préstamo dixital na plataforma GaliciaLe.

Modificación dos datos 

Unha vez estea en posesión do carné, pode solicitar a actualización dos datos que facilitou a través de dúas vías:

Desde a súa conta persoal na web do Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Acudindo a calquera das bibliotecas públicas da Rede.

Baixa do carné 

Pode solicitar a baixa do carné: