De outubro a maio, na Biblioteca acollemos diversos clubs de lectura.
Se estás interesado/-a en participar nas súas reunións periódicas para comentar e compartir impresións sobre unha serie determinada de libros, recomendámosche que esteas atento/-a ao prazo de inscrición de cada temporada. Ábrese en setembro e réxese estrictamente pola orde da chegada das solicitudes.
Estas poden tramitarse a través da nosa páxina web ou en persoa, no mostrador principal da Biblioteca.
Lembra que as prazas son limitadas e existe unha lista de agarda. No caso de non conseguir praza, pasarás automaticamente a ela.