A Biblioteca está aberta á sociedade, e non só a través dos servizos que proporciona nas súas instalacións.
Acollemos relatorios, clases de formación continua, exposicións, espectáculos infantís, presentacións de libros..., e calquera actividade de tipo cultural ou social organizada xa sexa por particulares, entidades ou asociacións.
O salón de actos é o espazo ideal para iso, cunha ampla capacidade. Tamén poñemos á súa disposición unha sala de actividades, espazos de exposicións ou a aula TIC.
Estás interesado/-a nas nosas instalacións?
Como representante dunha institución ou entidade ou a título individual, debes dirixirte á Administración da Biblioteca cubrindo un formulario en liña para a reserva. Ao ser confirmada esta e a data de celebración da actividade en cuestión, necesitaremos que o asines.
NOTA: A reserva de instalacións da Biblioteca implica a aceptación das normas de uso das mesmas.