Reservar un libro, DVD, CD etc. da Biblioteca
Reservar documentos é moi sinxelo

Ás veces, buscas no catálogo da Biblioteca un libro concreto, unha película, un CD etc. e descobres que xa está prestado/-a. Nese caso -sempre que sigas interesado/-a en levalo/-a-, podes optar por facer unha reserva.

 

Para iso, diríxete ao persoal do mostrador e pide que realicen a xestión por ti ou contacta con nós por teléfono. A través da túa conta de usuario/-a da Biblioteca, tamén tes a posibilidade de reservar materiais que están prestados. Antes de facelo, asegúrate de que estes pertenecen ao catálogo desta biblioteca y non doutra (en caso contrario, recibirás unha inesperada notificación para que vaias recollelos a esa cidade).

 

En canto a persoa que está facendo uso dese material o devolva, farémoscho saber (por teléfono e/ou por correo electrónico). Lembra que o prazo para recoller as reservas é de 3 días a partir do aviso. Unha vez trascorrido ese período, procederemos a anular a reserva e correr o turno.

 

NOTA: Podes facer un máximo de cinco reservas: 3 libros, 2 materiais audiovisuais e 1 libro electrónico.