COMO PODO?
Solicitar un libro ou outro material que non ten a biblioteca
Desiderata Préstamo Interbibliotecario

Dúas formas:

- Mediante una petición de préstamo a outra biblioteca ou entidade. Achégate ao mostrador da planta baixa, cobre o formulario Solicitude de préstamo a outra biblioteca e encargarémonos de localizar a obra solicitada á entidade correspondente polo método mais urxente, xa sexa en orixinal ou en reprodución. 

Se houbera algún gasto correría pola túa conta.

O máximo de solicitudes que podes realizar é de 1 exemplar. Terás 7 días para recoller o solicitado, e de non facelo sancionarémoste con 10 días sen préstamo.

- Mediante unha suxestión de compra (desiderata ou recomendación) dun libro ou outro material. No mesmo mostrador da planta baixa podes facer esta suxestión presencialmente a través do formulario Suxestión de compra, ou ben a través de Internet e desde o sitio web do Catálogo da biblioteca. 

No servizo de adquisicións valorarán a túa petición e se a aceptan, ti serás o primeiro en utilizar a obra.