Coruña Turismo
Logotipo de Coruña Turismo

A un golpe de clic, ofrece datos sobre a situación dos puntos de información turística, teléfonos de contacto, situación das zonas comerciais, horarios de autobuses, trens, taxis e localización das estacións, paradas ou do aeroporto.

Esta web de información turística da Coruña tamén inclúe a oferta hostaleira e hoteleira -de gran relevancia na zona vella-, o lecer (cultural, activo ou nocturno) para todo tipo de turistas e gustos, os enclaves máis característicos da cidade ou aqueles elementos singulares que fan que esta sexa recoñecida e lembrada: o paseo marítimo da Mariña, a praza de María Pita ou a escultura do Millenium.